REPERCUSIONES EN GALICIA DEL ATROPELLO POR PARTE DE LA JUSTICIA ESPAÑOLA DEL TRATADO DE 1870.
O Movemento polos Dereitos Civís esixe o cumprimento do Tratado de Recoñecemento, Paz e Amizade asinado pola República Oriental do Uruguai e Estado Español en 1870.
Tratado de Amizade de 1870 asinado por Uruguai e Estado Español estipulou no seu Artigo 8 que “os cidadáns da República de España e os súbditos españois na República Oriental do Uruguai, poderán exercer libremente os seus oficios profesionais, posuir, comprar e vender por maior e menor toda especie de bens e propiedades mobles e inmobles, extraer do País os seus valores integramente, dispoñer deles en vida ou por mortem e suceder nos mesmos por testamento ou al intestato, todo consonte ás leis do país, nos mesmos termos e baixo de iguais condicións e adébedos que usan ou usaren as da Nación máis favorecidas, ou outros efectos da calquera especie, que se secuestraran ou conficaran á cidadáns Orientais ou a súbditos españois, durante a guerrra sostidas en América ou despois delas, e se achasen aínda en poder dos respectivos Gobernos no nome dos cales lle fixeran o secuestro ou confiscacións, serán inmediatamente restituídos aos seus antigos donos ou aos seus herdeiros ou lexítimos representantes...”
Na Lei Orgánica 8/2000 de 22 de decembro, que reforma a Lei 4/2000, do 11 de xaneiro,sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración saocial, no Título Preliminar, Disposición Xerais, Artigo 1.Delimitación do ámbito aprtado 2 di: “o disposto nesta Lei entenderáse, en todo caso, sen prexuízo do establecido nas leis especiais e nos Tratados internacionais nos que España sexa parte”. Polo que non é de aplicación a lexislación de estranxeiría á poboación inmigrante de orixe uruguaia.
MPdC lembra que neste ano 2006 a un cidadán galego, Xesús Gómez, o Goberno de Tabaré Vázquez lle recoñeceu o Tratado de Amizade, concedéndolle a sua Residencia. Polo que en base aos tres puntos expostos, e dado que existen persoas uruguaias ás que se lle conculcan os seus dereitos, e están sen regularizar, esiximos do Goberno Central que apliquen a reciprocidade deste Tratado de Recoñecemento, Paz e Amizade de 1870."
No hay comentarios.:
Publicar un comentario